Debate sobre «Cantos de sirena» de Charmian Clift

Data
Martes, 10 de febreiro de 2026
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

O martes, 10 de febreiro, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terá lugar unha nova sesión do Club de Lectura, onde se comentará a obra Cantos de sirena de Charmian Clift.

Cantos de sirena son as memorias da autora, escritas dende o punto de vista dunha muller de trinta e un anos que rexistra con intelixencia, humor e calidez os detalles íntimos da súa vida cotiá e os costumes dun mundo en vías de extinción. Aínda que apenas recibiu atención ao publicarse en 1956, co paso do tempoesta obra convertiuse nun clásico da literatura de viaxes e do xénero autobiográfico, que permite descubrir a unha das escritoras máis talentosas e vitalistas do século pasado.

Charmian Clift (New South Wales, 1923-1969) foi unha xornalista e escritora australiana. Despois da Segunda Guerra Mundial incorporouse ao xornal Melbourne Argus. En 1947 casou co novelista e curtido reporteiro de guerra George Johnston, con quen se mudaría en 1954 ás illas gregas, onde escribiu dous libros autobiográficos, Cantos de sirena e Los buscadores de loto, e dúas novelas, Honour’s Mimic e Walk to the Paradise Gardens. Tras o seu regreso a Australia en 1964, convertiuse nunha autora moi lida e querida grazas ás súas columnas semanais na prensa australiana.

Próximos eventos Ver axenda