Debate sobre «El cordero carnívoro» de Agustín Gómez Arcos

Data
Martes, 24 de febreiro de 2026
Horario
17.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Compartir

Os martes, 24 de febreiro e 10 de marzo, ás 17.30h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4, 2º) terán lugar novas sesións do Club de Lectura, onde se comentará a obra El cordero carnívoro de Agustín Gómez Arcos.

El cordero carnívoro narra, dun modo intenso e provocativo, a vida dun rapaz dende o seu nacemento ata que cumpre 25 anos. Partindo da estraña relación entre o protagonista e os seres que o rodean, desvelánse, de maneira descarnada, os traumas causados pola guerra civil nunha familia da burguesía andaluza. Fondas reflexións sobre as relacións humanas, a morte, a homosexualidade, a liberdade, a ditadura, a relixión, conforman esta novela de amor e odio, maxistralmente escrita pero politicamente incorrecta.

Agustín Gómez Arcos nace no seo dunha familia republicana. Aos vinte anos, tras finalizar o bacharelato en Almería, desprázase a Barcelona para estudar Dereito, pero axiña descobre que a súa vocación é a literatura e a súa auténtica paixón, o teatro. A mediados dos anos 50 trasládase a Madrid, onde traballa como actor, director de escena e tradutor. O seu labor como dramaturgo é merecedora, en dúas ocasións, do Premio Nacional Lope de Vega pero a censura prohíbe a representación das súas obras. Acosado pola ditadura, decide exiliarse: primeiro en Londres; logo, definitivamente, en París, onde se instala en 1968, dedicándose, dende aquela, ao xénero narrativo. Morre tras publicar catorce novelas en francés, ser galardoado con numerosos premios literarios e condecorado coa Orde das Artes e as Letras francesas con grao de cabaleiro (1985) e de oficial (1995). 

Próximos eventos Ver axenda