Conferencia «A fame silenciada do franquismo» de Miguel Ángel del Arco
- Data
- Luns, 9 de febreiro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Esta mesa redonda transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago
O luns, 9 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración co Grupo Histagra, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «A fame silenciada do franquismo», que estará impartida por Miguel Ángel del Arco, Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Granada.
Migel Ángel del Arco Blanco é Catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Granada. As súas investigacións céntranse no estudo da guerra civil, a posguerra e o fascismo, abordando temas como as actitudes políticas, a represión, a memoria ou a fame franquista. Os seus traballos apareceron en revistas científicas nacionais e internacionais como Journal of Contemporary History, European History Quarterly, Contemporary European History, International Journal of Iberian Studies, Ayer, Historia Agraria ou Historia Social. Publicou diversas obras en inglés e en español, destacando o libro colectivo Los años del hambre. Historia y memoria de la posguerra franquista (Marcial Pons, 2020), Cruces de memoria y olvido (Crítica, 2022) e a recente La hambruna española (Crítica, 2025).