Seminario Europa «Galicia e Europa no mundo» con Adrián Vázquez Lázara
- Data
- Xoves, 19 de febreiro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O xoves, 19 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago, situado na Praza de Salvador Parga, 4-2º, de Santiago de Compostela, unha conversa con Adrián Vázquez Lázara, Deputado no Parlamento Europeo polo PPdG, dentro do Seminario Europa. O acto, que estará presentado por Cristina Ares Castro-Conde, Profesora de Política da Unión Europea da USC, levará por título «Galicia e Europa no mundo».
Adrián Vázquez Lázara é deputado do PPdeG no Parlamento Europeo e presidente da Comisión de Asuntos Xurídicos dende 2020. Ademais, exerce como membro suplente na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural. Posúe unha ampla traxectoria en relacións internacionais, con experiencia no Parlamento Europeo, a OSCE, a OTAN e no ámbito dos asuntos públicos. Iniciou os seus estudos na Facultade de Dereito da Universidade Complutense de Madrid e especializouse en lingua e cultura xaponesa no International Studies Institute de Tokio. Completou unha licenciatura en Estudos Internacionais na Universidade de Lindenwood (EE. UU.) e un máster en Relacións Internacionais na Universidade de Warwick (Reino Unido). Dende xaneiro de 2022, imparte docencia en ESADE e no Centro Universitario Cardeal Cisneros.