Conferencia «O grande empeño cinematográfico de Alejandro Pérez Lugín: A Casa da Troia (1925)» de Emilio Carlos García Fernández
- Data
- Luns, 23 de febreiro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago
O luns, 23 de febreiro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «O grande empeño cinematográfico de Alejandro Pérez Lugín: A Casa da Troia (1925)», que estará impartida por Emilio Carlos García Fernández, Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Complutense de Madrid.
Emilio Carlos García Fernández é Doutor en Comunicación Audiovisual pola Universidade Complutense de Madrid e Licenciado en Publicidade. Desempeñou diversos cargos de xestión académicos (Secretario e Vicedecano de Facultade, Director de Departamento, Membro do Consello de Goberno e do Claustro da UCM e da Xunta de Facultade) e dirixiu numerosas Teses Doutorais e Traballos de Investigación no ámbito audiovisual. Formou parte de diversos equipos no desenvolvemento de Proxectos de Innovación e Mellora da Calidade Docente e é Investigador principal en varios proxectos financiados centrados nos campos do cine, fotografía, televisión e novas tecnoloxías dende unha perspectiva plural. A súa relación co cine comezou no sector da exhibición, pois os seus pais tiñan un cine en Ribadavia. Foi realizador de televisión, director, codirector, coordenador e promotor de todo tipo de actividades cinematográficas e ten publicadas diversas obras e artigos en revistas especializadas sobre o audiovisual, ademais de ter participado en varias obras colectivas. Tamén colabora habitualmente en prensa diaria, impartiu numerosas conferencias e cursos de formación e participa como asesor e xurado de numerosos festivais cinematográficos de carácter nacional e internacional. Membro do Círculo de Escritores Cinematográficos e da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), foi galardoado, entre outros, co Premio “Film-Historia” á Mellor Investigación do ano (Barcelona, 2002) ou coa Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos á mellor Laboura literaria e Xornalística, en recoñecemento a toda unha traxectoria docente e investigadora no ámbito cinematográfico. Actualmente é Director do Grupo Complutense de Estudios Cinematográficos e membro evaluador e vogal académico en diversas Axencias de Calidade españolas.