Presentación do libro «Republicanas. Revolución, guerra y exilio de nueve diputadas» de Miguel Ángel Villena

Data
Mércores, 25 de marzo de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 25 de marzo, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a presentación do libro «Republicanas. Revolución, guerra y exilio de nueve diputadas» de Miguel Ángel Villena. No acto participarán:
          Miguel Ángel Villena, Historiador, autor da obra
          Xosé M. Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC
          Pilar Sampedro, Directiva do Ateneo de Santiago

REPUBLICANAS. REVOLUCIÓN, GUERRA Y EXILIO DE NUEVE DIPUTADAS
A Segunda República española viviu tres lexislaturas entre 1931 e 1939. Nese período, só nove mulleres, entre centenares de deputados varóns, ocuparon un escano nas Cortes. Catro delas fixeron historia parlamentaria por diferentes motivos: Dolores Ibárruri, Clara Campoamor, Margarita Nelken e Victoria Kent; pero outras, igualmente relevantes, caeron nun inxusto esquecemento. É o caso das escritoras María Lejárraga e Matilde de la Torre, da avogada Julia Álvarez Resano, da mestra Veneranda García Manzano ou da pedagoga Francisca Bohigas, a única que non tivo que exiliarse tras a Guerra Civil. Todas elas foron con todo a vangarda doutras moitas mulleres que nas primeiras décadas do século XX, dende a cultura, o mundo sindical ou a avogacía, loitaron por unha igualdade que parecía remota nun país dominado polas oligarquías e o caciquismo, unha Igrexa retrógrada e un Exército reaccionario. Máis que a biografía coral destas nove deputadas, Republicanas é tamén o relato dos esforzos en favor do sufraxio feminino, a igualdade de dereitos e o compromiso político coas clases desfavorecidas. É, do mesmo xeito, a historia dun país que veu esvaecer, tras a Guerra Civil e a posterior ditadura, os enormes progresos sociais e feministas tan dificilmente conquistados durante o breve período republicano.

Miguel Ángel Villena (Valencia, 1956), xornalista e historiador, traballou nas seccións de cultura e internacional de El País durante máis de vintecinco anos e foi editor da revista TintaLibre; actualmente colabora en elDiario.es e en Levante-EMV. É autor, entre outras obras, das biografías Ana Belén. Biografía de un mito. Retrato de una generación (2002), Victoria Kent. Una pasión republicana (2007), Ciudadano Azaña. Biografía del símbolo de la II República (2010) e Berlanga. Vida y cine de un creador irreverente, unha biografía coa que obtivo o Premio Comillas en 2021.

Próximos eventos Ver axenda