Presentación da 2ª edición do libro «Compostela Única»
- Data
- Martes, 24 de marzo de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas
O martes, 24 de marzo, ás 19.00h, o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a presentación da segunda edición do libro «Compostela Única», que contará coa participación dos directores do proxecto, José Manuel Ortigueira e Ramón Neira, así como do Presidente do Ateneo de Santiago, Francisco Candela.
O Ateneo de Santiago entregará de xeito gratuíto un exemplar da obra a todos os asistentes.
COMPOSTELA ÚNICA
Esta obra recolle as fotografías recompiladas para a mostra exposta no mes de marzo de 2013 no Pazo de Fonseca e posteriormente levada a varios centros socioculturais da cidade. Esta nova edición, con prólogo do Presidente do Ateneo, Francisco Candela, e introducido polos directores do proxecto, José Manuel Ortigueira e Ramón Neira, inclúe textos de Xerardo Estévez, Anxo Tarrío, Encarna Otero, José Manuel González Herrán, Manuel Fraga Carou e Xosé Ramón Pousa.