Conferencia «Educar en familia: os desafíos actuais» de Miguel Zabalza

Data
Luns, 13 de abril de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

V MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)

Compartir

O luns, 13 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Educar en familia: os desafíos actuais», que estará impartida por Miguel Zabalza, Catedrático emérito de Ciencias da Educación da USC.

Miguel Zabalza Beraza é Licenciado en Psicoloxía e Pedagoxía e Doutor en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor Honoris Causa polo IME de Oaxaca (México) e pola Pontificia Universidade Católica de Río Grande do Sul (PUCRS) de Porto Alegre (Brasil), tamén é Profesor Honorario da Universidade de Villa María (Arxentina). Actualmente é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC, onde tamén foi Decano da Facultade de Ciencias da Educación, director do Instituto de Ciencias da Educación, membro do Claustro e da Xunta de Goberno e membro da Comisión de Calidade. Ocupa os cargos de Presidente de AIDU (Asociación Iberoamericana de Didáctica Universitaria), REDU (Red de Docencia Universitaria) e do Instituto Latinoamericano de Estudios de la Infancia (ILAdEI) e de director da súa revista RELAdEI (Revista Latinoamericana de Educación Infantil). Forma parte do Editorial Board da revista European Early Childhood Educational Reserach Journal e do Consello de redacción da revista BORDON.

Próximos eventos Ver axenda