Mesa redonda «Familias e educación: luces e sombras» con Lois Ferradás, Esther Martínez Piñeiro e Ana Parada
- Data
- Luns, 20 de abril de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago
O luns, 20 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha mesa redonda dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) titulada «Familias e educación: luces e sombras», que contará coa participación de Lois Ferradás, Ex-Decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC; Esther Martínez Piñeiro, membro da Federación Galega de ANPAS; e Ana Parada, Pedagoga e orientadora; e estará coordinada por Xosé Armas, Profesor ad honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Lois Ferradás Blanco é Ex-Decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC, colaborador do programa «Preescolar na casa» e experto nas relacións familias-escola-comunidade.
Esther Martínez Piñeiro é Profesora Titular de Métodos de Investigación da USC, participa activamente no movemento de nais e pais de centros educativos e é membro da Directiva da Federación Galega de ANPAS Compostela.
Ana Parada Gañete é Pedagoga, orientadora no IES Antón Losada Diéguez da Estrada, Directora da Revista Galega de Educación e Profesora Asociada da USC.