Proxección da película «Pequena Miss Sunshine» de Jonathan Dayton e Valerie Faris
- Data
- Martes, 14 de abril de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 14 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Pequena Miss Sunshine» (Little Miss Sunshine) de Jonathan Dayton e Valerie Faris. Esta proxección, comprendida dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na Consellería de Educación.
Pequena Miss Sunshine (Little Miss Sunshine)
Directores: Jonathan Dayton e Valerie Faris
Estados Unidos, 2006
Os Hoover son unha familia moi peculiar: o avó esnifa cocaína e solta palabrotas, o pai fracasa estrepitosamente dando cursos para acadar o éxito, a nai non dá abasto, o tío estase recuperando dun suicidio frustrado tras ser abandonado polo seu mozo, o fillo adolescente le a Nietzsche e garda un mutismo absoluto e Olive, a filla pequena, unha nena con gafas e gordiña, quere ser unha raíña da beleza. Cando, grazas a un golpe de sorte, a convidan a participar no concurso de 'Pequena Miss Sunshine', en California, acompáñaa toda a familia nunha destartalada furgoneta Volkswagen, nun traxicómico periplo de tres días cheo de inesperadas sorpresas. O debut de Olive será o detonante dun fondo cambio nesta familia de inadaptados.
Antón Porteiro Lago, Licenciado en Ciencias Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, foi Profesor e Director de distintos Centros docentes na cidade de Santiago perante máis de quince anos e Presidente da Asociación Galega de Academias durante o período entre 1987 e 1990. Pertenceu ao Corpo de Profesores de Ensino Secundario da Consellería de Educación da Xunta de Galicia durante máis de vinte anos, desenvolvendo a súa tarefa en diferentes centros educativos e foi Asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela. Entre 2002 e 2011 foi asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.