Proxección da película «A caza» de Thomas Vinterberg
- Data
- Mércores, 15 de abril de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O mércores, 15 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «A caza» (Jagten [The Hunt]) de Thomas Vinterberg. Esta proxección, comprendida dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Xosé Armas, Profesor ad honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
A caza (Jagten [The Hunt])
Director: Thomas Vinterberg
Dinamarca, 2012
Tras un divorcio difícil, Lucas, un home de corenta anos, atopou unha nova moza, un novo traballo e trata de reconstruír a súa relación con Marcus, o seu fillo adolescente. Pero algo comeza a ir mal: un detalle calquera, un comentario inocente e unha mentira insignificante que se estende como un virus invisible sementando o estupor e a desconfianza nunha pequena poboación.
Xosé Armas Castro, Profesor Titular de Didáctica das Ciencias Sociais da USC, foi Director do Departamento de Didácticas aplicadas. Como membro do Grupo de Investigación RODA (Razoamento, discurso e argumentación), con sede no Departamento de Didácticas aplicadas, participou en diversos proxectos de investigación competitivos. Autor de libros, artigos científicos e conferencias en Congresos nacionais e internacionais sobre Didáctica da historia e das Ciencias sociais e Historia medieval, tamén é membro da Asociación Universitaria de Profesorado de Didáctica das Ciencias Sociais e da Sociedade Española de Estudos medievais.