Proxección da película «Captain Fantastic» de Matt Ross
- Data
- Martes, 21 de abril de 2026
- Horario
- 19.00h
- Lugar
- Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O martes, 21 de abril, ás 19.00h o Ateneo de Santiago ten programada na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a proxección da película «Captain Fantastic» de Matt Ross. Esta proxección, comprendida dentro da V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), estará presentada e comentada por Ana Moreiras, Profesora do IES A Cachada de Boiro e autora de banda deseñada galega.
Captain Fantastic
Director: Matt Ross
Estados Unidos, 2016
Ben é un home que pasou dez anos vivindo nos remotos bosques situados no noroeste dos Estados Unidos criando aos seus seis fillos, varios deles xunto á súa muller. Illados totalmente da vida moderna, das comodidades das cidades e da sociedade de consumo, Ben é un pai devoto que inculcou nos seus fillos unha peculiar forma de pensar e vivir a vida. Con todo, unha tráxica noticia fai que a peculiar familia deba deixar temporalmente o seu modo de vida na natureza e volver á civilización.
Ana María Fernández Moreiras licenciouse en Física de Partículas na USC e é profesora de secundaria dende o ano 2000, destinada no IES A Cachada de Boiro como profesora de Tecnoloxía. Promoveu o festival audiovisual escolar Olloboi, recoñecido co premio especial José Sellier da Academia Galega do Audiovisual polo seu compromiso e traballo en prol da canteira do cine galego. Autora de banda deseñada galega, colaborou en diferentes proxectos multidisciplinares de ilustración como un arquivo de xacementos arqueolóxicos da provincia de Pontevedra, un fanzine para Amnistía Internacional ou un manual gráfico sobre os sistemas educativos de Ottawa e Galicia.