Conferencia «Vida e obra fotográfica de José Suárez» de Xosé Luís Suárez Canal

Data
Luns, 27 de abril de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 27 de abril, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia para conmemorar o Día das Artes Galegas, titulada «Vida e obra fotográfica de José Suárez», que estará impartida por Xosé Luís Suárez Canal, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Xosé Luís Suárez Canal (Allariz, 1946), parente do escritor Marcial Suárez e sobriño do fotógrafo José Suárez, é Licenciado en Filosofía e Letras e en Filoloxía Francesa, catedrático en ensino secundario e profesor asociado da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela. Xunto con Manuel Sendón, crean o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo (CEF) en 1985 e dirixen a Sala dos Peiraos (1985-1991) e o proxecto Vigovisións (1986-2000), así como organizan a Fotobienal de Vigo (1984-2000), na que exercen como comisarios, labor que realizan noutras destacadas mostras. Tamén de maneira conxunta publican monografías de fotógrafos históricos galegos como Ramón Caamaño, Luis Rueda, José Suárez, Arquivo Pacheco ou Arquivo Sarabia, que complementan cunha mostra, e realizan a edición das coleccións Álbum e Do Trinque. A título individual, publica Allariz, O Viño e O mundo invisíbel. Comeza a expoñer a súa obra fotográfica na 1ª Fotobienal de Vigo en 1984, que el mesmo organiza, e despois en diversas mostras e eventos colectivos en Madrid, Vigo, A Coruña, Lorient (Francia), Xenebra (Suíza), Coimbra, Lisboa ou O Porto (Portugal). A súa primeira mostra individual realízaa na Galería AFCA de Braga (Portugal) en 1987, á que lle seguen outras individuais en galerías e salas de cidades como A Coruña ou Vigo.   

Próximos eventos Ver axenda