Seminario Europa «Igualdade e anti-feminismo en Europa» con Alba Alonso
- Data
- Xoves, 7 de maio de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Máis información
Acceso libre ata completar a capacidade da sala
O xoves, 7 de maio, ás 19:30 h, o Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, organiza no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) unha conversa con Alba Alonso, Profesora Titular da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC. O acto, que será presentado por Cristina Ares Castro-Conde, profesora de Política da Unión Europea, centrarase no tema «Igualdade e anti-feminismo en Europa».
O contexto europeo ten sido un referente a nivel internacional na introdución e consolidación de medidas para promover a igualdade de xénero. O auxe de actores políticos anti-feministas está a supoñer un novo e relevante reto que ameaza a continuidade destas medidas en múltiples países e niveis de goberno, incluíndo as institucións comunitarias.
Alba Alonso Álvarez é Profesora Titular da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC e membro do Grupo de Investigación Rede Armela. Foi investigadora visitante en University of Edinburgh, Vrije Universiteit Brussel e Washington State University. As súas principais liñas de traballo abordan o deseño e implementación de políticas de igualdade, con especial énfase na incidencia das dinámicas territoriais e no papel dos actores (anti)feministas. É autora de El mainstreaming de género en España (Tirant lo Blanch, 2015) e co-editora de Género y Política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista (Tirant lo Blanch, 2022). Recibiu, entre outras distincións, o Premio Ángeles Durán á Innovación nos Estudios de Xénero e das Mulleres.