Conferencia «As mil vidas vividas de Begoña Caamaño» de María Xesús Nogueira
- Data
- Luns, 11 de maio de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.
Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago
O luns, 11 de maio, ás 19.30h o Ateneo de Santiago, coa colaboración do Instituto da Lingua Galega, ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia para conmemorar o Día das Letras Galegas titulada «As mil vidas vividas de Begoña Caamaño», que estará impartida por María Xesús Nogueira, Profesora de Literatura Galega da USC.
María Xesús Nogueira Pereira é Profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e membro do Instituto da Lingua Galega. É autora de varios libros e numerosos estudos sobre literatura galega contemporánea centrados na poesía galega actual, a literatura en relación co xénero, o medio ambiente e o posthumanismo. Entre as súas últimas publicacións figuran Trece. Antoloxía da poesía galega próxima (2017), Corpos, territorios e resistencias. Os traballos das mulleres nas literaturas galega e irlandesa (2017, coeditado con Ana Acuña), Xela Arias. Poesía reunida (2018), Xela Arias. Os territorios da liberdade (2021), Xela Arias. De certo a vida ía en serio (2021) e Ecocríticas. Palabras e imaxes (2022, coeditado con Ana Acuña). Dende hai tres décadas vén exercendo a crítica literaria en diferentes medios. Como estudosa de Begoña Caamaño asinou recentemente, xunto con Ana Romaní, Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño e coordinou o libro Begoña Caamaño: mudar o mundo, publicado pola Universidade de Santiago de Compostela.