Conferencia «Intelixencia artificial: máquinas sen infancia» de Senén Barro

Data
Luns, 25 de maio de 2026
Horario
20.00h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.50h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 25 de maio, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Intelixencia artificial: máquinas sen infancia», que estará impartida por Senén Barro, Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e Director científico do CiTIUS.

Senén Barro Ameneiro (As Pontes, 1962) é Doutor en Física (premio extraordinario), Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e Director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela - USC). Entre 2002 e 2010 foi Reitor da USC, tendo impulsado o perfil investigador, innovador e emprendedor da universidade e desenvolvido o ‘Campus Vida’, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional en 2009. Entre 2008 e 2010 foi Vicepresidente da “Conferencia de Rectores de Universidades Españolas” e de 2010 a 2017 Presidente de RedEmprendia (rede de 28 das mellores universidades de 6 países de América Latina, España e Portugal, orientada á transferencia de I+D e emprendemento universitario). Editor ou autor de sete libros e autor de máis de 300 artigos científicos, é socio fundador das spin- off SITUM Technologies e InVerbis e membro da Real Academia Galega de Ciencias. En 2020 obtivo o Premio Nacional de Informática José García Santesmases.

Próximos eventos Ver axenda