Presentación do libro «Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño» de Natalia Jorge Pereira

Data
Mércores, 3 de xuño de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Máis información

Acceso libre ata completar a capacidade da sala

Compartir

O mércores, 3 de xuño, ás 19.30h, o Ateneo de Santiago ten programada no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo (Praza de Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela) a presentación do libro «Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño» de Natalia Jorge Pereira, que estará acompañada por Maricarmen Sánchez, Historiadora da Arte e Directiva do Ateneo de Santiago.

Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño trata de desmontar a propaganda franquista respecto ás mulleres do trapiche da Raia e valoriza o seu papel a nivel de resistencia ante as ditaduras (Franco e Salazar) e a súa actividade como un oficio. Para iso, a obra enmárcase na Raia do Miño, céntrase na década de 1940 e contextualiza a vida cotiá das poboacións a ambas marxe do Río. 

Natalia Jorge Pereira é Doutora en Historia Contemporánea pola USC, cunha tese titulada «Actitudes e comportamentos socias nos concellos fronterizos de Tomiño e Cerveira ante as ditaduras de Franco e Salazar». Ten un Máster en Historia Contemporánea e de América tamén na USC e realizou unha estadía de investigación na Universidade Nova de Lisboa. O seu ámbito de estudo céntrase nas actividades transfronteirizas na «raia miñota» das que ten numerosos traballos publicados, algúns dos cales lle valeron premios, como o Xoana Torres na categoría de ensaio e divulgación por «Formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño» ou a mención no premio Jesús García Calvo por «Formas de resistencia ao franquismo. O caso do estraperlo en Tomiño».

Próximos eventos Ver axenda