Conferencia «Galicia baixo a sombra da eclipse: ceos Starlight e oportunidade territorial» de Antonia M. Varela Pérez

Data
Luns, 15 de xuño de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 15 de xuño, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «Galicia baixo a sombra da eclipse: ceos Starlight e oportunidade territorial», que estará impartida pola Astrofísica Antonia M. Varela Pérez, Directora da Fundación Starlight.

Antonia M. Varela Pérez é Doutora en Astrofísica pola Universidade de La Laguna (Tenerife), Directora xerente da Fundación Starlight, Enxeñeira senior no Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e Directora do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife. Realizou a súa tese doutoral no IAC e no Instituto de Astrofísica de París sobre física extragaláctica e dende 1990 forma parte do Grupo de Calidade do Ceo do IAC. Preside a Asociación de Mulleres Empresarias, Directivas e Profesionais de Canarias (BPW Canarias) e é Vicepresidenta de BPW España. Publicou máis de 100 traballos en revistas científicas e en congresos especializados, tendo sido publicada en 2023 na revista Science unha das súas investigaciónes máis destacadas sobre contaminación lumínica e ameazas ao ceo nocturno. Estivo sempre ligada á docencia universitaria, impartindo clases de Física Xeral e de Dinámica Galáctica, e dirixiu teses doutorais e a numerosos bolseiros en formación e estudantes en prácticas, ademais de ter sido profesora de Astronomía da Universidade para Adultos e Maiores da Universidade de La Laguna durante 24 anos e ter organizado e impartido máis de 50 cursos Starlight en España, Canadá, Perú, Arxentina e Colombia. Comunicadora científica, con máis dun milleiro de contribucións de divulgación en foros científicos, medios de comunicación (prensa, radio e televisión) e revistas especializadas, tamén é unha persoa comprometida coa igualdade de xénero, tendo participado en numerosos proxectos e actividades orientados a fomentar vocacións STEM entre nenas e mulleres e formou parte do Grupo de Mulleres Científicas e Tecnólogas de Canarias e da Fundación Women Talent. Foi coordinadora da Comisión do Clima e Calidade do Aire do Observatorio do Cambio Climático do Goberno de Canarias e é membro de numerosas entidades científicas e conservacionistas como a Unión Astronómica Internacional (IAU), a Sociedad Española de Astronomía (SEA), a Asociación de Museos de Ciencia y Técnica de España (AMUCYTE) e a Comisión Nacional del Eclipse (CNE) dentro da Comisión Nacional de Astronomía. Tamén organizou numerosas conferencias e encontros internacionais e recibiu diversas distincións como, entre outros, o Premio á Traxectoria Investigadora do Concello de Santa Cruz de Tenerife (2019), o Premio polo labor na difusión cultural da astronomía, na protección do ceo nocturno e a calidade turística dos territorios do Xeoparque UNESCO de Villuercas-Ibores-Jara (2019), o Premio Mujeres que Mueven la Sociedad (2024) ou a Medalla de Ouro de Canarias (2024), ademais de aparecer na Lista Forbes Women | Las 30 Mujeres Más Influyentes de Canarias 2026.

Próximos eventos Ver axenda