Conferencia «A transformación da xustiza» de Álvaro García Ortiz

Data
Luns, 5 de outubro de 2026
Horario
19.30h
Lugar
Emisión en streaming / Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Máis información

Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Esta conferencia transmitirase en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago

Compartir

O luns, 5 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «A transformación da xustiza», que estará impartida por Álvaro García Ortiz, Ex-Fiscal Xeral do Estado.

Esta conferencia será retransmitida en directo a través da páxina web do Ateneo www.ateneodesantiago.gal e a canle de Youtube Ateneo de Santiago.

Álvaro García Ortiz, Licenciado en Dereito pola Universidade de Valladolid, incorporouse á Fiscalía en 1998, sendo destinado na Fiscalía de Maó (Menorca). En 2002 trasladouse á Fiscalía da Área de Santiago de Compostela e en 2004 converteuse en fiscal especialista en medio ambiente na Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tendo asumido en 2005 a acusación pública no Caso Prestige. Foi membro do Consello Fiscal dende 2018, sendo o candidato máis votado da historia destas eleccións. É membro da equipa directiva da organización progresista europea de xuíces e fiscais Magistrats Européens pour la Démocratie et les Libertés e colaborou como articulista en medios de comunicación españois e en publicacións técnicas. Tras case dúas décadas dedicado á especialidade de medio ambiente, en 2020 foi ascendido á categoría de fiscal de Sala, sendo nomeado fiscal xefe da Secretaría Técnica da Fiscalía Xeral do Estado. En 2022 foi nomeado Fiscal Xeral do Estado, cargo que ocupou ata o 24 de novembro de 2025, cando solicitou o seu cesamento formal ao Goberno.

Próximos eventos Ver axenda