Faladoiro «Solidariedade na sociedade actual: Movemento pola Paz»
Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago
Grupo de traballo específico e autónomo de carácter transversal co obxectivo de contribuír dende a sociedade civil a axudar na detección, diagnóstico e resolución de situacións de precariedade e desamparo que afectan a certos núcleos de poboación.
A finalidade deste grupo, a tenor dos obxectivos sociais e do carácter propio do Ateneo, é a colaboración e a cooperación en materias de educación, formación e cultura, impulsando en maior medida o apoio ás mulleres e a infancia debido á situación de desigualdade e menor protección destes dous sectores.