Hemeroteca
O Ateneo homenaxeará a Isaac Díaz Pardo no centenario do seu nacemento
- Compartir
Este sábado celébrase o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, un dos grandes creadores que ao longo do século XX dinamizaron culturalmente Galicia e, especialmente, a cidade de Santiago de Compostela.
Por este motivo, o Ateneo de Santiago acordou realizar unha serie de actos para homenaxealo na inauguración da programación 2020-2021, que comezará en outono.
O programa incluirá a descuberta da placa co seu nome no Salón de Actos do noso local social, onde se desenvolve boa parte da nosa actividade cultural; a reedición en formato libro, coa colaboración da Deputación da Coruña, dunha das súas obras máis orixinais e descoñecidas, “Unha presa de dibuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro”; así como a organización dunha conferencia, dentro do ciclo “Os Luns do Ateneo”, impartida por M.ª América Díaz encol da figura e obra do polifacético artista.
Ver noticia en Compostela 24 horas