Hemeroteca
Sociedade e cambio climático, nos Luns do Ateneo
- Compartir
SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns -número 19 da Rúa do Vilar- acollerá unha conferencia sobre o cambio climático dentro do ciclo dos Luns do Ateneo. Pablo Meira, profesor de Educación Ambiental na USC, será o encargado de impartir a charla, que leva por título 'A representación social da emerxencia climática'.
O acto, que terá lugar ás 20.00 horas, dará as claves para entender a representación que ten na sociedade o cambio climático. O fenómeno ambiental cobrou dende hai anos unha importante relevancia a nivel internacional. A emerxencia do cambio climático reactivou as políticas e a educación ambientais orientadas á sustentabilidade. No ámbito do medio ambiente producíronse, asemade, nos últimos anos unha grande proliferación de investigadores dende moi diversas perspectivas para achegar referencias sobre as preguntas, dúbidas e crenzas erróneas sobre este fenómeno.
Pablo Meira Cartea é profesor titular de Educación Ambiental da Universidade de Santiago, ademais de membro do Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA). A súa carreira investigadora céntrase no estudo das bases teóricas da Educación Ambiental, o deseño e avaliación de políticas públicas e recursos da mesma. É tamén director de Resclima e cofundador e expresidente da Sociedade Galega da Educación Ambiental. Ler máis
Ver en Galicia Diario