Hemeroteca

O Ateneo conmemora os cen anos da revista Nós cunha mesa redonda

Compartir

Compostela, 10
de febreiro do 2020 – Os Luns do Ateneo, que organiza a
asociación Compostelana, acolle hoxe unha mesa redonda na que se lembrarán os
cen anos da revista Nós.





Baixo o título «Cen anos de Nós. Perspectiva etnográfica e artística», o encontro contará coa participación do arqueólogo e etnomuseólogo José Carlos Sierra e a historiadora da arte Mercedes Rozas.









Na actividade, que se desenvolverá como sempre ás
20.00h na Rúa do Vilar, 19, tratarase a importancia que tivo este boletín
mensual para a explotación de Galicia e da súa cultura entre o resto de
culturas europeas, moi próximas a esta, ademais de falar dos autores que
conformaron a súa xeración e os seus efectos na arqueoloxía, etnografía,
historia e pensamento.





A Revista Nós naceu en Ourense un 30 de outubro
do ano 1920. Impulsada e dirixida por Vicente Risco, foi unha publicación sobre
literatura, lingüística, arte, etnografía, filosofía e pensamento político, que
estaba vinculada ao nacionalismo e tiña o fin de normalizar o uso da lingua e
elevalo a ámbitos orais e culturais. Entre os seus colaboradores destacaron
personalidades como Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís
Pimentel.





José Carlos Sierra estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago, ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais, desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de arte.





Ver en Lindeiros