Hemeroteca

O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo

Compartir





Este luns, dentro dun novo acto do ciclo Os Luns do Ateneo,
terá lugar unha mesa redonda titulada «Cen anos de Nós. Perspectiva etnográfica
e artística», que contará coa participación do arqueólogo e etnomuseólogo José
Carlos Sierra e a historiadora da arte Mercedes Rozas.





Na actividade, que se desenvolverá como sempre ás 20.00h na Rúa do Vilar,
19, tratarase a importancia que tivo este boletín mensualpara a explotación de
Galicia e da súa cultura entre o resto de culturas europeas, moi próximas a
esta, ademais de falar dos autores que conformaron a súa xeración e os seus
efectos na arqueoloxía, etnografía, historia e pensamento.





A Revista Nós naceu en Ourense un 30 de outubro do ano 1920.
Impulsada e dirixida por Vicente Risco, foi unha publicación sobre literatura,
lingüística, arte, etnografía, filosofía e pensamento político, que estaba
vinculada ao nacionalismo e tiña o fin de normalizar o uso da lingua e elevalo
a ámbitos orais e culturais. Entre os seus colaboradores destacaron
personalidades como Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís
Pimentel.





José Carlos Sierra estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago, ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais, desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de arte.





Ver en Compostela 24 horas