Hemeroteca

O centenario da Revista Nós en Os Luns do Ateneo

Compartir

SANTIAGO DE COMPOSTELA | O próximo luns 10, dentro dun novo
acto do ciclo Os Luns do Ateneo, terá lugar unha mesa redonda titulada 'Cen
anos de Nós. Perspectiva etnográfica e artística', que contará coa
participación do arqueólogo e etnomuseólogo José Carlos Sierra e a historiadora
da arte Mercedes Rozas. Na actividade, que se desenvolverá como sempre ás 20.00
horas na Rúa do Vilar, 19, tratarase a importancia que tivo este boletín
mensualpara a explotación de Galicia e da súa cultura entre o resto
de culturas europeas, moi próximas a esta, ademais de falar dos autores que
conformaron a súa xeración e os seus efectos na arqueoloxía, etnografía,
historia e pensamento.





A Revista Nós naceu en Ourense un 30 de outubro do ano 1920.
Impulsada e dirixida por Vicente Risco, foi unha publicación sobre literatura,
lingüística, arte, etnografía, filosofía e pensamento político, que estaba
vinculada ao nacionalismo e tiña o fin de normalizar o uso da lingua e elevalo
a ámbitos orais e culturais. Entre os seus colaboradores destacaron
personalidades como Otero Pedrayo, Fermín Bouza Brey, Ánxel Fole ou Luís
Pimentel.





José Carlos Sierra estudou Historia nas Universidade de Santiago e Valladolid. Dende 1985 pertence ao corpo facultativo de conservadores de museos do Estado e foi director do Museo Etnolóxico de Ribadavia e do Museo das Peregrinacións de Santiago, ademais de ser nomeado en 2008 secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte en Ourense. Pola súa parte, Mercedes Rozas é licenciada en Xeografía e Historia, na especialidade de arte moderno e contemporáneo pola USC. Ademais, desempeña o seu traballo no ámbito do comisariado de exposicións e a crítica de arte. Máis información





Ver en Galicia Diario