Hemeroteca

Xesús Rábade presenta a súa lenda da Torre da Caldaloba

Compartir

O acto celebrarase ás 19.30 horas na sede de Afundación









19.30 horas • Rúa Do Vilar, 19 • Constanza Castro, filla do mariscal Pardo de Cela, resistiu ás tropas castelás, ata a morte, na torre da Caldaloba. Sobre este feito e lugar, o escritor Xesús Rábade Paredes crea unha lenda histórica en verso, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora), que se impuxo na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito. O libro será presentado esta tarde nun acto no que o autor estará acompañado por Ramón Neira Torviso, do Ateneo de Santiago, así como o editor Henrique Alvarellos. Tamén se proxectarán imaxes actuais da histórica torre de Caldaloba.





Ver en La Voz de Galicia