Hemeroteca

O Ateneo analiza a emerxencia climática

Compartir

Este luns o Ateneo de Santiago recupera as súas conferencias dos Luns do Ateneo. A encargada de impartir a primeira charla será Susana Bayo Besteiro, quen falará sobre a emerxencia do clima nunha conferencia titulada Emerxencia climática: avances da COP durante 25 anos, organizada pola sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente. Na charla, que terá lugar ás 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19, falarase de emerxencia climática, analizando a principal vía para a adaptación e redución de emisións, a Conferencia das Partes (COP), órgano supremo de decisión da Convención das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático ­formado por máis de 190 países e que ten por obxecto lograr a estabilización dos gases de efecto invernadoiro.





Ver en El Correo Gallego