Hemeroteca

O Ateneo de Santiago entrega o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico

Compartir

O martes, o Ateneo de Santiago fará entrega do premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico a Montserrat Dopico González, gañadora desta edición, polo seu artigo «A visión utilitarista e economicista existente fai que a presenza das persoas inmigrantes se considere ilexítima», publicado no xornal Praza Pública o 16 de agosto do presente ano.

O acto, que terá lugar ás 20.00h na Rúa do Vilar, 19, comezará coa lectura da acta de outorgamento do premio por parte do Secretario do Ateneo de Santiago Francisco Candela e, posteriormente, o Decano da Facultade de Xornalismo Xosé Ramón Pousa procederá á lectura do artigo galardoado. A continuación, o Presidente do Ateneo Salvador García-Bodaño entregará o premio, dotado de 1.000 euros e un recordo conmemorativo realizado por un artista local, ao que seguirá un breve discurso da gañadora Montserrat Dopico. 

Previamente á celebración deste acto, o Ateneo de Santiago levará a cabo a Asemblea extraordinaria de socios da entidade para a aprobación do presuposto ordinario que rexerá as súas contas para o vindeiro ano, así como o orzamento para o festival Ateneo Barroco 2020, a cal comezará ás 19.30horas. Para concluír o día, ao rematar o acto de entrega do Premio, celebrarase o tradicional convite de Nadal que o Ateneo de Santiago adoita ofrecer aos seus asociados.

Ver en Galicia Diario

Eventos relacionados