Hemeroteca
Ateneo Radio Podcast
- Compartir
EMISORA online, dende a web www.ateneodesantiago.com, sobre á vida sociocultural compostelá, o pulso da cidade, á arte, educación, cultura, ciencia… Plataforma aberta, a máis alá da actividade da asociación, dende a experimentación radiofónica á divulgación científica, o debate social e a actualidade artística, con crítica esixente, incluíndo á actual cultura popular e temas de interese social santiagués e galego.
A programación, realizada no estudio radiofónico da sede social, será participativa e aberta a toda a sociedade, con programas en directo, tratándose de podcasts temáticos acumulados nunha fonoteca virtual para a súa consulta atemporal na web.
PROGRAMACIÓN DIARIA (de luns a domingo): Que facer en Compostela? Axenda do día cos actos culturais previstos, con lugar e hora de celebración. O disco do día (50 minutos aprox.) Emisión comentada dun disco (L.P.) representativo dunha época, dunha cultura, dun momento histórico…, que impactara na vida do ateneísta que o propoña e a continuación emítese o disco completo.
Libro oral (50 minutos/sesión) Programa para persoas con dificultades para a lectura, onde nunha semana un ateneísta elixe e recomenda un libro, dividido en cinco capítulos para ler por el mesmo ou varias persoas. Luns do Ateneo. Retransmisión en directo, vía streaming, da conferencia dos Luns do Ateneo. Entrevista (10 minutos). Semanal cunha personalidade importante. Pode ter como base a conferenciantes dos Luns do Ateneo, fora do tema da conferencia e centrándose na súa personalidade.
Ateneo a Bocados (1-3 minutos). Sección diaria con breves gravacións de frases contundentes pronunciadas con forza polos/as conferenciantes, extractos dos medios ou citas dos/as grandes pensadores/as. Un tema. Espazo diario ao que cada Sección contribúe cun tema semanal de Ciencia, Cultura, Sociedade… Faladoiro (30 minutos). Debate sobre temas actuais tratados por ateneístas de distintas seccións ou convidados/as especialistas no tema que se aborda. Tertulia (30 minutos) Coloquio informal de ateneístas que, con rigor, familiaridade e sentido do humor, abordan temas semanais a nivel local ou global nun café para ambiente de fondo. Reportaxe. Informativo con distintas fontes. A 24 imaxes por segundo. Crítica cinematográfica semanal que socios ou colaboradores do Ateneo analizan nunha película da carteleira local ou nas plataformas online. Música con criterio. Crítica semanal de música clásica. E engadiranse programas coma Cos clásicos. Audicións de música clásica. Equipo formado por afeccionados ou con colaboradores alleos ao Ateneo, sen descartar que cun convenio co Consorcio se poida programar música gravada da Orquestra Filharmónica de Galicia. Música contemporánea. Espazo para todos os estilos musicais, dende os all music (éxitos de máis de 20 anos) até temas actuais da música pop e rock. Música étnica e tradicional. A soas co jazz. Crítica musical. Crítica de espectáculos. Cociña con receita. E toda unha nova radiofonía…
SALVADOR GARCÍA-BODAÑO
Ver en El Correo Gallego