Hemeroteca

Os efectos da pandemia nos luns do Ateneo

Compostela, 25 de xaneiro do 2021 – Os luns do Ateneo tratarán hoxe os efectos derivados da pandemia co Catedrático de Psicoloxía Social José Manuel Sabucedo baixo o título “Comportamento social en tempos de crise e pandemia”.

 

Sabucedo foi premio de investigación de Galicia e falará a partir das oito da tarde dos cambios que trouxo a pandemia na sociedade. O feito de ter que cambiar os hábitos diarios para combater o Covid será analizado e veranse algunhas das consecuencias sociais e políticas que se poden derivar da pandemia.

Compartir

José Manuel Sabucedo Cameselle é catedrático de Psicoloxía Social na USC, coordinador do grupo SOSOYPA e membro da asociación estratéxica CRETUS. Recibiu o Premio Galicia de Investigación (2006) e o Premio da Real Academia Galega das Ciencias (2020). Foi promotor e primeiro presidente da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), e editor da International Journal of Social Psychology. A súa labor investigadora céntrase no estudo de procesos psicosociais básicas e na súa aplicación a diferentes ámbitos aplicados: conduta política e medio ambiente. Dirixiu 21 Teses de doutoramento, liderou o participado en 19 proxectos de investigación internacionais, estatais e autonómicos e editou 19 libros, 25 capítulos e máis de 100 artigos en revistas académicas. Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e enviarse ao WhatsApp do Ateneo 622 274 110.

 

Ler en Lindeiros

Eventos relacionados