Hemeroteca

O aproveitamento enerxético nos Luns do Ateneo

A conferencia terá lugar este luns 22 de febreiro ás 20h da man deAlberto Sánchez, Director da Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia)

Compartir

Este luns 22 de febreiro ás 20.00h o Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada «A revolución circular: auga e residuos como inmensas fontes de recursos», que será impartida por Alberto Sánchez, Director da Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia).

Na conferencia verase como a palabra “residuo” debe ser necesariamente desbotada nun futuro próximo. Nos últimos anos e na actualidade, estase avanzando con paso firme cara a un modelo de circularidade no que os residuos sólidos urbanos e industriais e as augas residuais ganaron interese como grandes e estables vectores de recursos. Xa existe tecnoloxía para converter determinados residuos en recursos enerxéticos e, máis cedo que tarde, como novas materias primas verdes para procesos xeradores de plásticos biodegradables, combustibles, proteínas e aditivos para fármacos ou cosméticos.  

Alberto Sánchez Sánchez é Enxeñeiro Químico pola Universidade de Salamanca (2006) e Doutor en Enxeñería Química e Ambiental pola Universidade de Santiago de Compostela (2013), grazas á súa investigación no campo do tratamento das augas residuais urbanas e industriais. Tras o seu Doutorado, incorpórase como investigador á Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga (Cetaqua Galicia), na que actualmente exerce funcións de director.

Debido ás restricións sanitarias, a esta conferencia só se poderá asistir por medio da plataforma Zoom, a páxina web www.ateneodesantiago.gal e as seguintes redes sociais do Ateneo:

Youtube: Ateneo de Santiago
Facebook: Ateneo Santiago
Twitter: @AteneoSantiago

As preguntas para o coloquio posterior poderán facerse a través de Zoom e enviarse ao WhatsApp do Ateneo 622 274 110.

Ver en Compostela 24 horas

Eventos relacionados