Hemeroteca

O Pazo de Meirás, protagonista da conferencia dos "Luns do Ateneo"

Compartir

Ateneo de Santiago ofrece unha conferencia titulada "De ditadores e tumbas. Unha ollada sobre o uso histórico dos lugares de memoria totalitarios, 1945-2020", que estará impartida por Xosé Manuel Núñez Seixas, Catedrático de Historia Contemporánea da USC.


Acontecementos como a exhumación de Franco do Val dos Caídos o pasado 2019 ou a recente expropiación do Pazo de Meirás á familia Franco abriron o debate sobre que facer cos lugares de memoria vencellados intimamente á biografía dos ditadores e como resignificalos. O conferenciante tratará estes asuntos cunha perspectiva comparada, pois non é un debate exclusivamente español, senón que é aplicable a outros países europeos.

Núñez Seixas é Catedrático de Historia Contemporánea na USC e Doutor de Historia Contemporánea polo Instituto Universitario Europeo de Florencia. Forma parte dos consellos de redacción das revistas Historia Social e Passato e Presente. Ademais, dende 2018 é Vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Está especializado no estudo comparado dos nacionalismos europeos e ibéricos, así como nos estudos migratorios e na historia cultural da violencia.

Ler en Galicia Diario

Eventos relacionados