Hemeroteca

Nova directiva para o Ateneo de Santiago

O Ateneo de Santiago ven de renovar a súa Xunta Directiva nunha Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada este luns

Compartir

 

Tras as eleccións levadas a cabo na Sede do Ateneo de Santiago constituíuse a que será a directiva os próximos tres anos. Salvador García-Bodaño será ademáis o Presidente Honorario.

A nova Xunta Directa queda constituída por Manuel López-Rivadulla como Presidente, Francisco Candela, Vicepresidente, Pilar Sampedro Secretaria e Antón Porteiro Tesoureiro. Entre os vogais figuran Marina Luisa Somoza, Xosé Ramón Pousa, Juana María Otero, José Manuel González Herrán e María del Carmen Sánchez Carrera.

Dentro do programa da nova Xunta Directiva preténdese, entre outros obxectivos, seguir ampliando a base social do Ateneo, reformular e reactivar as Seccións da asociación como motor da programación e debate interno, impulsar novas actividades como son un Festival de Poesía ou a Mostra Internacional de Cinema e Educación, pór en marcha unha Aula de Informática e Novas Tecnoloxías e ampliar a relación con outras Institucións e entidades e a comunicación cos ateneístas.

 

Ler en Lindeiros