Hemeroteca

Concerto de Enrico Baiano no Paraninfo

Compartir

 

MÚSICA BARROCA. O Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) acolle hoxe, ás 20.30 horas, o primeiro concerto do Ateneo Barroco 2021, do prestixioso e experimentado clavecinista e estudoso do seu instrumento Enrico Baiano –napolitano e cofundador do conxunto La Capella della Pietà dei Turchini.

Neste concerto, con título O Harmónico Certame, teremos a oportunidade de apreciar o talento sen par de dous músicos viaxeiros que desenvolveron boa parte das súas carreiras noutros países europeos, emigrando en busca de fortuna e oportunidades, o saxón Haendel a Londres e o napolitano Domenico Scarlatti a Portugal e España, onde rematou a súa carreira na corte madrileña escribindo máis de 500 sonatas para clave e converténdose nun catalizador da convivencia e recíproca influencia entre as músicas italiana e española. Ernico Baiano é un músico moi reconñecido a nivel internacional.

Ler en El Correo Gallego

Eventos relacionados