Hemeroteca

A xestión da pandemia a debate no Ateneo de Santiago

Compostela, 19 de novembro do 2021 – o Ateneo de Santiago programa para este luns 22 de novembro unha conferencia impartida por Juan Gestal, Profesor emérito de Medicina preventiva e Saúde Pública da USC, sobre a xestión da pandemia.

Compartir

A conferencia está organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, do Ateneo de Santiago. Juan Gestal falara dos «Erros e éxitos na xestión da Pandemia de COVID-19». Dende o comezo da COVID-19 tomáronse numerosas medidas desde o goberno central e as comunidades para frear a enfermidade.  Nesta conferencia Gestal analizará con detalle os fallos e os éxitos das decisións adoptadas de forma urxente á hora de lidar coa pandemia mundial.

Juan Jesús Gestal Otero, Licenciado en Medicina pola USC e Doutor pola Universidade de Navarra, é especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública e en Medicina do Traballo, así como académico numerario das Reales Academias de Medicina e de Farmacia de Galicia. No pasado foi Catedrático e Xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS, Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia e Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago. Tamén coordinou o Programa de Doutorado de Saúde Pública da USC, así como o nodo de Santiago do CIBERESP e o Grupo Plataformas e Metodoloxía do IDIS.

Ler en Lindeiros