Hemeroteca

A xestión da pandemia a debate no Ateneo de Santiago

Este luns 22 de novembro o Ateneo de Santiago ten programada unha conferencia impartida por Juan Gestal, Profesor emérito de Medicina preventiva e Saúde Pública da USC

Compartir

 

Este luns, 22 de novembro, ás 20.00h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia, organizada pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, titulada «Erros e éxitos na xestión da Pandemia de COVID-19», que estará impartida por Juan Gestal, Profesor emérito de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.

Dende o comezo da COVID-19 no noso país fomos testemuñas das numerosas medidas que tomou o goberno central e as comunidades para poder frear os diferentes gromos de contaxios e reducir así os casos positivos e os falecementos. Nesta conferencia do Ateneo de Santiago o experto Juan Gestal analizará con detalle os fallos e os éxitos das decisións adoptadas de forma urxente á hora de lidar con esta pandemia mundial.

Juan Jesús Gestal Otero, Licenciado en Medicina pola USC e Doutor pola Universidade de Navarra, é especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública e en Medicina do Traballo, así como académico numerario das Reales Academias de Medicina e de Farmacia de Galicia. No pasado foi Catedrático e Xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS, Director Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia e Decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía de Santiago. Tamén coordinou o Programa de Doutorado de Saúde Pública da USC, así como o nodo de Santiago do CIBERESP e o Grupo Plataformas e Metodoloxía do IDIS.

Ler en Compostela 24 horas