Hemeroteca

As consecuencias do cambio climático, nos Luns do Ateneo

A conferencia deste luns, día 29 de novembro, adianta o inicio para as 19.30h.

Compartir

 

Este luns, 29 de novembro, o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «As consecuencias económicas e sociais do cambio climático», que estará impartida por María Loureiro, Catedrática de Economía da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta ocasión, a entidade organizadora decidiu establecer un horario especial de inverno para o seu tradicional Ciclo Os Luns do Ateneo, estando así previsto o comezo do acto para as 19.30 horas.

O cambio climático ten un grande impacto sobre o medio ambiente e as persoas pero tamén é unha grande ameaza para a estabilidade da economía mundial. As súas graves consecuencias xa se deixaron ver: o incremento de temperatura e as ondas de calor minguan a capacidade de traballo e produtividade; os fenómenos climáticos como furacáns,  tifóns e ciclóns deixan a millóns de persoas en situación de pobreza e vulnerabilidade; e as secas reducen as colleitas, ameazando a alimentación poboación, que é cada vez maior.

María L. Loureiro é catedrática de Economía naUSC dende 2017. Os seus campos de investigación son a economía da enerxía, a economía ambiental e a economía agrícola. Está doutorada en Economía Agraria e Recursos Agrícolas pola Universidade Estatal de Washington e actualmente leva a cabo o proxecto de investigación «Economía do cambio climático: vulnerabilidade e políticas de adaptación e mitigación en España», financiado pola Axencia Estatal de Investigación. Tamén participou na Rede Española de Economía Experimental, financiada pola Axencia Estatal de Investigación.

Ler en Compostela 24 horas 

Eventos relacionados