Hemeroteca

O Ateneo presenta a nova novela de José Francisco Rodil

O acto terá lugar este mércores, 15 de decembro, no Centro Social Abanca da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela

Compartir

 

Este mércores, 15 de decembro, ás 19.30h, terá lugar no Centro Social Abanca da Praza de Cervantes de Santiago de Compostela a presentación do libro «Los prodigios de Gillingham». O acto será presentado por Pilar Sampedro, Secretaria do Ateneo, e contará coa participación de José Francisco Rodil Lombardía, autor da novela; Roberto Leal, actor que lerá fragmentos da obra; e Cristian Velasco, editor de Velasco Ediciones.

A novela comeza a finais dos anos sesenta no madrileño barrio de Moncloa, onde se instala o inglés William Gillingham, un misterioso estranxeiro que esperta a curiosidade da veciñanza e inflama as fantasías dos máis pequenos. Pasados os anos, Eduardo Poveda, un daqueles nenos, viaxa a Londres e descobre, por casualidade, o rastro de Gillingham. Empeza entón, coa axuda dun xornalista amigo da infancia, unha investigación que os levará por diferentes países e lanzará resultados sorprendentes ao redor de operacións de espionaxe, espolio do patrimonio artístico español e contrabando de obras de arte.

José Francisco Rodil Lombardía é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como redactor no diario Informaciones, no departamento de prensa do Ministerio de Administración Territorial, en El Correo Gallego e en Televisión de Galicia. Foi, así mesmo, xefe de control de cadea da CRTVG, director da Voz de Asturias e delegado do Grupo Z en Asturias. Na actualidade, é vocal da Comisión de Garantías da Federación de Asociacións de Xornalistas de España.

Ler en Compostela 24 horas

Eventos relacionados