Hemeroteca

Condenan o atentado contra a estatua de Lorca en Santiago

O Ateneo de Santiago pídelle ao Concello a inmediata restauración da estatua de Federico García Lorca.

Compartir

 

Tras a aparición na mañá deste domingo dunha pintada na estatua de Federico García Lorca da Alameda, o Ateneo de Santiago quere mostrar a súa repulsa a este acto vandálico e incívico contra un poeta representativo co seu compormiso social e democrático.

"Só dende a ignorancia e a inquina se pode atentar contra unha das personalidades máis relevantes da cultura da primeira metade do século XX", afirman dende a entidade. O Ateneo de Santiago reclama ao Concello a súa máis inmediata restauración da estatua. 

Ler en Galicia Confidencial