Hemeroteca

Destacan a gran labor que García-Bodaño levou a cabo no Ateneo

Compartir

 

Santiago. O Ateneo de Santiago acolleu onte unha homenaxe a Salvador García-Bodaño, presidente honorario do Ateneo de Santiago dende o pasado mes de xuño. O acto estivo presidido polo actual presidente da entidade, Manuel López-Rivadulla, e contou coa participación de Euloxio R. Ruibal, quen falou do activismo cultural en García-Bodaño; os poetas Xesús Rábade e Helena Villar, quenes leron varios textos da súa autoría; e Miro Casabella, quen interpretou a súa poesía musicada. Para finalizar o acto, Manuel López-Rivadulla entregaou ao homenaxeado o título de Presidente Honorario do Ateneo de Santiago.

Salvador García-Bodaño ocupou a Presidencia do Ateneo de Santiago dende o ano 2008 ata o pasado mes de xuño, cando pasou a ser substituído no cargo por Manuel López-Rivadulla. O escritor converteuse así nun referente destacado da entidade posto que xa tiña ocupado este mesmo cargo durante un breve período nos anos 80. 

Ler en El Correo Gallego