Hemeroteca

O Ateneo de Santiago inicia hoxe un novo programa sobre ciencia

Compartir

 

Santiago. O Ateneo de Santiago inicia hoxe, ás 19.00 horas, un novo programa que, organizado pola Sección Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, levará o nome de Ateneo Inquedo. Comeza cunha primeira sesión titulada Emprendendo ideas na área de Compostela, que se desenvolve no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo, e para a cal é preciso preinscribirse en ateneo@ateneodesantiago.gal, aborda o emprendemento científico, centrado na contorna compostelá. Presentado polo Presidente do Ateneo, Manuel López-Rivadulla, e conducido por Álvaro Silva, Doutor en Enxeñaría Química, o acto contará co relatorio Como se xesta un proxecto de base científico-tecnolóxica Instrumentos de financiamento e acompañamento no proceso», a cargo de Pablo Mosquera, Director de Investimento de UNIRISCO.

Ler en El Correo Gallego 

Eventos relacionados