Hemeroteca

Mesa redonda sobre a crise demográfica en Galicia

Compartir

 

O Ateneo de Santiago ten programada mañá, ás 19.30 horas, a mesa redonda A problemática real da demografía galega, que contará coa participación de Antía Pérez Caramés, profesora de Socioloxía da Universidade da Coruña, e Isidro Dubert, catedrático de Historia Moderna da USC. Os relatores exporán dende os puntos de vista sociolóxico e histórico a crise demográfica galega das últimas décadas, un proceso de envellecemento e perda poboacional que a levou a situarse como a segunda autonomía co índice de envellecemento máis elevado. Pola contra, a poboación mundial non deixa de aumentar, sendo no continente africano onde este crecemento é máis acusado e con case o 60% dos habitantes menores de 30 anos, existindo así a posibilidade de atopar na inmigración a solución á sangría demográfica.

Antía Pérez Caramés forma parte do Equipo de investigación Sociedades en Movemento (ESOMI), un grupo de investigación especializado nos estudos migratorios. As súas liñas de investigación enfócanse cara ao estudo dos procesos migratorios e o envellecemento demográfico, estando, na actualidade, a dirixir un proxecto de investigación sobre a relación das crises coas dinámicas migratorias e outro sobre as familias migrantes caboverdianas que residen en Galicia.

Pola súa banda, Isidro Dubert dirixe o grupo de investigación de Historia Moderna da USC, xirando as súas liñas de investigación arredor da historia da familia, das migracións campo-cidade e da historia da vellez e o avellentamento poboacional. O pasado ano publicou, xunto con Pérez Caramés, a obra Invasión migratoria y envejecimiento demográfico: dos mitos contemporáneos

Ver noticia en El correo Gallego

Eventos relacionados