Hemeroteca

O Ateneo acolle un coloquio a cargo de Luis Rodíguez Ennes

Compartir

 

Santiago. Este luns, o Ateneo terá como convidado no seu ciclo Os Luns do Ateneo a Luis Rodríguez Ennes, catedrático emérito de Dereito Romano da Universidade de Vigo e ex-Secretario xeral da USC, para impartir unha conferencia titulada O Padre Feijóo e o Dereito do seu tempo. Unha visión premonitoria dos problemas actuais. A charla, que terá lugar a partir das 19.30 horas na Rúa do Vilar, 19; será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro foi un intelectual cuxo traballo é considerado unha parte fundamental do pensamento crítico daquela época. Nos seus ensaios avanzaba posturas que se defenderían en períodos posteriores e abordaba diversas materias como medicina, matemáticas, física, astronomía, xeografía, historia, filosofía, teoloxía, moral ou lingüística, converténdose nunha figura clave na defensa dos dereitos das mulleres ao ser autor do considerado como primeiro tratado de feminismo español.

Luis Rodríguez Ennes, Doutor en Dereito pola USC, exerceu nesta institución os cargos de vicedecano da Facultade de Dereito, secretario xeral e vicepresidente do Claustro Universitario. Na Universidade de Vigo, exerceu como vicepresidente do Claustro Universitario Constituínte, asesor xurídico e decano da Facultade de Dereito.

Ler en El Correo Gallego