Hemeroteca

A expresidenta Do Tribunal Constitucional, María Emilia Casas, no Ateneo

O Ateneo acolle hoxe a charla de María Emilia Casas, expresidenta do Tribunal Constitucional e Catedrática de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade Complutense de Madrid.

Compartir

 

María Emilia Casas falará de “Xustiza e dereitos”. Coma sempre será na Rúa do Vilar 19 as sete e media da tarde, con entrada libre ata completar aforo. A maxistrada tratará temas como os dereitos e liberdades fundamentais, o control dos poderes democráticos e os avances en igualdade, dos que ela foi precursora durante a súa presidencia no Tribunal Constitucional.

María Emilia Casas Baamonde foi a primeira muller en España en obter a cátedra de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. En decembro de 1998 foi elixida maxistrada do Tribunal Constitucional, converténdose no membro máis novo ingresado na historia desta institución. En 2004 foi nomeada Presidenta, posto no que permaneceu ata 2011, converténdose na primeira muller en acadar este cargo. Entre outras distincións, foi Medalla de Ouro de Galicia en 2018 e investida doutora honoris causa en 2021 pola USC, dado o seu compromiso coa universidade e coa sociedade a través da defensa da democracia e dos valores da xustiza e igualdade entre o home e a muller.

Ver en Lindeiros

Eventos relacionados