Conferencia «Intelixencia Artificial e ética: unha parella indisoluble» de Amparo Alonso
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
O Ateneo de Santiago ten programada este luns unha conferencia impartida pola comisionada da Universidade da Coruña para o desenvolvemento do Nodo de Intelixencia Artificial, Amparo Alonso, titulada 'Intelixencia Artificial e ética: unha parella indisoluble'.
A charla, que terá lugar a partir das 19.30 horas, será de acceso libre ata completar o aforamento da sala e abordará distintos aspectos da intelixencia artificial relacionados coas cuestións éticas, como a regulación dos datos recolleitos ou a privacidade do individuo.
Amparo Alonso Betanzos é Catedrática na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade da Coruña (UDC). Ao longo da súa carreira traballou en sistemas de desenvolvemento para aplicacións médicas e foi presidenta da Asociación Española de Intelixencia Artificial desde 2013 ata 2021.
Actualmente é Comisionada da UDC para o desenvolvemento do nodo de Intelixencia Artificial da Cidade das TIC na Coruña, lugar elixido recentemente como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (Aesia).
Ler en Galicia Confidencial