Hemeroteca

O Ateneo conmemora o Día da Muller cunha charla de Ofelia Rey Castelao

Esta tarde o Ateneo de Santiago conmemora o Día da Muller organizando unha charla de Ofelia Rey Castelao, Premio Nacional de Historia 2022.

Compartir

 

Ofelia Rey falará no Ateneo de “Mulleres e migracións no pasado. Unha historia propia”. A conferencia terá lugar a partir das 19.30h na Rúa do Vilar, 19, será de acceso libre ata completar a capacidade da sala.

Rey Castelao é Catedrática de Historia Moderna da USC. Na charla do Ateneo explicará como ata datas relativamente recentes o estudo das migracións femininas ao longo da historia foi tratado con moi pouca atención, algo que comezou a cambiar coa recente aparición da perspectiva de xénero nos estudos históricos das últimas décadas.

A conferenciante abordará un amplo panorama historiográfico dende os anos sesenta e oitenta, cando os estudos migratorios comezaron a desenvolverse a nivel internacional dende unha perspectiva multidisciplinar, ata o día de hoxe.

Ofelia Rey Castelao dedica as súas investigacións á historia das mulleres, centrándose na actualidade na inserción das mulleres galegas na cultura letrada e nas migracións femininas: estas investigación a levaron a acadar o Premio Nacional de Historia 2022 pola obra “El Vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna”.

Como recoñecemento á súa traxectoria, tamén lle foi concedido o premio Wonemburger da Xunta de Galicia en 2011 e ingresou na Academia da Historia de Portugal en 2017.

Ler en Lindeiros

Eventos relacionados