Hemeroteca
O Ateneo homenaxeou a García-Bodaño coa presentación dun poemario

- Compartir
POESÍA. O Ateneo clausurou onte as actividades do curso 2022-2023 cunha homenaxe a Salvador García-Bodaño, o que fora o seu presidente honorario dende o ano 2021 e falecido o pasado mes de marzo. No acto presentouse o libro Tempo de ausencia, poemario inspirado na obra de García-Bodaño Cantos de ausencia. Elexías (1959- 2002) e que recolle 44 poemas de autores galegos, conformando un canto polifónico que retrata a influenza que a súa poesía aínda exerce, así como a súa personalidade humana e cultural.
Ver en El Correo Gallego