QUATUORS. A escena de Rameau en cuarteto (LA REVERENCIA)
Igrexa da Universidade
Mañá, unha conferencia lembrará a figura do autor francés e o martes La Reverencia ofrece un concerto no que adapta a súa música operística a un cuarteto
Luns e martes • Santiago • 19.30 e 20 horas • A obra do compositor francés Jean-Philippe Rameau, un dos tres alicerces da música barroca francesa e sen o que non sería posible entender o século XVIII, centrará o programa desta semana. O clavecinista Andrés Alberto Gómez será o encargado de achegar a súa figura ao público do festival. Mañá, a través da conferencia «Jean-Philippe Rameau, retrato íntimo», ás 19.30 horas, no número 19 da Rúa do Vilar; e o martes (20 horas, Igrexa dá Universidade) cun concerto co seu grupo La Reverencia, no que por primeira vez se adapta a música operística do compositor galo a un cuarteto.
Ver en La Voz de Galicia