Conferencia «Museo do Pobo Galego. O futuro dun legado» de Concha Losada
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
LUNS DO ATENEO. O Ateneo de Santiago terá como convidada hoxe no seu ciclo ‘Os Luns do Ateneo’ á Presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, para impartir unha conferencia titulada «Museo do Pobo Galego. O futuro dun legado». A charla, que terá lugar a partir das 19.30h na Rúa do Vilar, 19, será de acceso libre. A historia e costumes sobre Galicia atópanse recollidas e arquivadas dentro do Museo do Pobo Galego, un lugar de exaltación do valor destas terras, onde Concha Losada colabora dende os anos 90. A doutora en Medicina colaborou en varias ocasións co Museo co seu traballo de difusión da música tradicional galega a través do Instituto de Estudo das Identidades. Tamén achegou á entidade proxectos como a fundación da Asociación do Traxe Galego.
Ver en El Correo Gallego