Conferencia «O impacto das pantallas na adolescencia. Quen lle pon o cascabel ao gato?» de Antonio Rial
Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
Hoxe • 19.30 horas • Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19) • Entrada libre • «O impacto das pantallas na adolescencia. Quen lle pon o cascabel ao gato?» é o título da charla que, dentro do ciclo Os Luns do Ateneo, ofrecerá esta tarde Antonio Rial Boubeta, doutor en Psicoloxía Social e profesor da Universidade de Santiago. Na conferencia abordará os efectos da sobreexposición a dispositivos electrónicos, «os cales se converteron nos últimos anos en esenciais, non só no ámbito educativo (con críticas de familias e profesorado ao proxecto E-Dixgal) senón tamén no entretemento e comunicación dos adolescentes (redes sociais, videoxogos online, mensaxería, etc.), afectando, entre outros, na capacidade de atención, o rendemento académico ou a saúde mental da rapazada», expón o Ateneo.
Ver en La Voz de Galicia